mércores, 17 de abril de 2024

Dando Cor aos Nosos Patios!!

O alumnado de Infantil está a traballar moito nestes días de sol e calor, pois aproveitando a boa temperatura, están a plantar flores de cores nos distintos patios e zonas do noso centro. Coa axuda de María (a nosa conserxe), o alumnado da aula de 5 anos plantou, regou e visitou a charca do cole, que está ser acondicionada nestas semanas!!