mércores, 17 de abril de 2024

Obradoiro Voz Natura: As Plantas II

Un novo grupo de nenos e nenas das aulas de 3, 4 e 5 anos pasaron polo obradoiro de Voz Natura esta semana. Falamos un pouco das plantas, as súas partes e coidados. Elaboramos un divertido cespino e como traballo colaborativo, os maiores ensinaron aos máis peques como debuxar unha flor!!