venres, 20 de marzo de 2026

PLANTANDO LEITUGAS


Coa chegada da primavera, o alumnado de infantil participou na plantación de leitugas no invernadoiro.

Aprenderon a coidar a terra e a sementar con agarimo, descubriron o proceso de crecemento das plantas, traballaron valores como a responsabilidade e a paciencia, fomentouse o traballo en equipo...

O invernadoiro convertiuse nun espazo de aprendizaxe viva!!

xoves, 26 de febreiro de 2026

PREPARANDO OS NOSOS SEMILLEIROS


A nosa mascota Ranatura estivo a observar ao alumnado de infantil na preparación dos primeiros semilleiros. Con moita curiosidade, coñeceron os materiais necesarios e como preparar a terra para acoller as sementes.

Ranatura está moi contenta, pois descubriu que estes nenos e nenas descubriron a importancia de sementar con coidado e agarimo. Pouco a pouco, foron colocando as pequenas sementes e regándoas con delicadeza. Aprenderon que a luz, a auga e a paciencia son fundamentais para ver medrar a vida.

Agora, cada día, achegaranse ao invernadoiro para observar os seus avances e Ranatura non lles perderá ollo!!

venres, 30 de xaneiro de 2026

VISITA A METEOGALICIA

 

O alumnado de 5º e 6º realizou unha das actividades propostas dende o proxecto de Voz Natura: a visita a MeteoGalicia. Durante a visita coñeceron como se predice o tempo e o significado de conceptos traballados na aula como a choiva, o vento, as nubes, a temperatura e a humidade. Tamén viron instrumentos de medida do tempo e entenderon por que as prediccións son tan importantes para a nosa vida diaria. Incluso participaron no lanzamento dun GLOBO-SONDA!!

xoves, 22 de xaneiro de 2026

TALLERES ENERXÍA RENOVABLES

 

 



O noso alumnado participou en diferentes talleres sobre o aproveitamento da enerxía e sobre as enerxías renovables, coa colaboración de Naturgy. A través de actividades dinámicas e exemplos cercanos, aprenderon que son as enerxías renovables e por que son tan importantes para coidar o medio ambiente e disminuir os efectos do cambio climático.
Coñeceron e experimentaron con distintos tipos de enerxías limpas como a solar, a eólica e a hidráulica, descubrindo como podemos obter a enerxía a partir deses elementos naturais como a auga, o sol e o vento; e compartindo a idea de como o bo uso da enerxía pode axudar a reducir a contaminación do noso planeta.

luns, 12 de xaneiro de 2026

PEQUENOS METEORÓLOGOS, GRANDES PREGUNTAS SOBRE O PLANETA NO CEIP CERVO

 


O alumnado de Primaria do CEIP de Cervo convirteuse en explorador da agua e do clima. Investigando os climas de España e de Galicia, descubriron que a agua é unha auténtica directora de orquestra: decide si vai calor ou frío, se chove moito ou pouco e se unha paisaxe é verde intenso… ou cor “deserto elegante”.
O alumnado reflexionou sobre como o uso irresponsable da auga e a contaminación afectan ao equilibrio do planeta, alterando climas, ecosistemas e a nosa vida diaria.
Estas investigacións  axúdannos a tomar conciencia da importancia que é coidar o noso planeta, e de que cada pequeno xesto pode contribuir a ese fin.

venres, 9 de xaneiro de 2026

CALENDARIO SOSTIBLE NO CEIP DE CERVO

 




O Equipo de Dinamización da Lingua Galega  do CEIP DE CERVO promove, de novo, a elaboración dun calendario escolar. Este ano, tendo en conta os proxectos de Voz Natura e o  PDI deste curso, elaborouse con moita ilusión, o Calendario Sostible 2026, un proxecto no que  participou todo o alumnado e que nace co obxectivo de acercar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 ao noso día a día. A través desta proposta quixemos reflexionar sobre o mundo no que vivimos e sobre a importancia de coidalo.

Podedes descargalo pulsando no código QR.

Esperamos que vos guste e vos faga reflexionar para, xuntos, millorar a situación do noso planeta.

luns, 15 de decembro de 2025

ADORNOS NAVIDEÑOS DE REFUGALLO #RetoReutilizamos

 

O alumnado do CEIP de Cervo, coa colaboración das súas familias, deseñou e elaborou adornos de Nadal empregando material de refugallo, fomentando a creatividade, o reciclaxe e o respecto polo medio ambiente.
O Concello de Cervo cedeulles unha árbore do parque que serviu para expoñer e presumir destes fermosos traballos, poñendo en valor a importancia dun Nadal máis sostible e afastado do consumismo.
Unha iniciativa que une escola, familias e concello para promover hábitos responsables e coidado do planeta.
Felices Festas!!!

martes, 25 de novembro de 2025

LIBROS E NATUREZA

 

Os nenos e nenas de infantil descubriron e gozaron do entorno natural do CEIP de Cervo a través da observación e da lectura de contos como "Xaime e as landras" e "A figueira de Pelostortos", relacionando as historias coa natureza que os rodea.
Ademáis, plantaron carballos e desgustaron figos, vivindo unha experiencia de aprendizaxe en contacto directo co medio natural.
Canto nos gusta o noso patio!!!!

martes, 18 de novembro de 2025

GRETA THUNBERG E O COIDADO DO PLANETA #RetoInvestigamos


Este curso sumámonos de novo aos eco-retos de Voz Natura, investigando sobre Greta Thunberg, símbolo da loita contra o cambio climático. 

Ranatura, a nosa mascota medioambiental, propuxo varios retos ao alumnado do cole, debuxar accións propostas para a millora dos espazos naturais a partir dun poema, escribir lemas para niamr a reciclar correctamente, usar transporte sostible, reducir plásticos, aforrar enerxía... e os máis maiores incluso se atreveron a redactar noticias relacionadas coas distintas accións levadas a cabo por Greta.

Con este traballo seguimos avanzando nos ODS da Axenda 2030, especialmente aqueles relacionados co clima, o consumo responsable e a vida no planeta.

Porque, como lembra Greta, todas as pequenas accións contan. é dicir... CADA PINGA CONTA!!


mércores, 12 de novembro de 2025

PRIMEIRAS PLANTACIÓNS DE OUTONO

 



O alumnado de 2º de primaria inaugurou o outono no horto do CEIP de Cervo realizando as primeiras plantacións da tempada.
Plantaron repolos do país, coliflores, leitugas e rúcula, aprendendo a preparar a terra e a coidar cada planta.
Agora tócanos esperar, regar con coidado e observar como medra todo o que sementamos!!!

luns, 27 de outubro de 2025

POSTA A PUNTO DO INVERNADOIRO


Estes días dedicámolos a preparar o invernadoiro para a nova tempada. Fixemos a limpeza dos bancais, retirando restos de plantas do verán e aireamos a terra para deixala lista.

Tamén engadimos abono orgánico para recuperar nutrientes e conseguir un sólo máis fértil.

Co invernadoiro xa preparado, nos vindeiros días comezaremos as novas plantacións de outono.